Saturday 18 de May de 2024

A Xunta destaca o protagonismo da nosa comunidade na saída da Volta a España que percorrerá as catro provincias galegas


A saída terá lugar o vindeiro 20 de agosto dende Ourense, e as sete primeiras etapas transcorrerán pola nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou o protagonismo da nosa comunidade na Volta a España 2016, a todos os niveis, tanto a nivel deportivo, coma turístico e económico, xa que percorrerá as catro provincias galegas, convertendo a Galicia nun escaparate a nivel internacional.

Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e dos alcaldes de Baiona, Marín e Pontevedra, asistiu esta mañá á presentación das etapas da Volta Ciclista a España, que sairá o vindeiro 20 de agosto dende Ourense, destacando que as primeiras sete etapas transcorrerán pola nosa comunidade, o que converte a Galicia na comunidade que acolle máis etapas desta Volta España 2016, xa que alberga un terzo do total das etapas da Volta.

No caso da provincia de Pontevedra, concretamente as etapas 2 e 3 , que son o domingo 21 e o luns 22 de agosto, percorrerán os concellos da Cañiza, Ponteareas, Porriño, Mos, Nigrán,Vigo, Baiona, Marín, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Poio, Catoira, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

A Volta a España sitúa a nosa comunidade noutro momento histórico a nivel deportivo, tal e e como ocorreu fai dous anos, coa saída da Volta a España dende unha batea, e que beneficia a Galicia coa repercusión tanto económica coma mediática deste evento deportivo de primeiro orde, que ten milleiros de espectadores.